mércores, 21 de outubro de 2015

CORTES E MODIFICACIÓNS DE TRÁFICO O DOMINGO 25 DURANTE A PEDESTRE (Fonte: www.elcorreogallego.es)

A concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago de Compostela informa aos condutores e ao público en xeral que, por mor da celebración da XXXVIII Carreira Pedestre Popular organizada por EL CORREO GALLEGO o vindeiro domingo 25 de outubro, produciranse modificacións temporais no tráfico da cidade durante o transcurso da proba.

A saída da carreira de adultos está prevista ás 10.00 horas da Avenida Xoán XXIII e a de nenos, ás 11.30 h desde o mesmo punto. A competición rematará na Praza do Obradoiro.

Prégase aos cidadáns que se absteñan na medida do posible de utilizar os seus vehículos na mañá do domingo, especialmente entre as 9:00 e as 14:00 horas, co obxecto de facilitar o desenvolvemento da proba.

Como norma xeral, en todas as rúas do itinerario produciranse restricións no tráfico, que se levantarán unha vez que pasen os últimos participantes.

A proba de adultos, que sairá de Xoán XXIII e finalizará na Praza do Obradoiro, terá o seguinte itinerario: Praza da Paz, San Caetano, Camiño Francés, rúa das Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Fonte de Santo Antonio, Praza de Galicia, rúa Doutor Teixeiro, Ponte Castro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, Praza de Vigo, Rosalía de Castro, Avenida da Coruña, Avenida das Ciencias, Avenida do Doutor Novoa Santos, Avd. das Burgas, Avenida de Compostela, Cruceiro do Galo, Pombal, Galeras, Salvadas, Santa Isabel, Vista Alegre, Avd. Castelao, Praza da Paz, Avd. Xoán XXIII, Praza da Paz, Pastoriza, Basquiños, Santa Clara, San Roque, Algalia de Arriba, Cervantes, Preguntoiro, rúa do Castro, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, rúa do Cardenal Payá, Orfas, Toural, rúa do Vilar, Praterías, Fonseca y Praza do Obradoiro.

A carreira de nenos, que discurrirá por parte do percorrido anterior, tamén pasará polas rúas da Senra, Campo da Estrela, Porta Faxeira, avenida de Figueroa e Pombal.

Queda prohibido o estacionamento de vehículos na Avenida de Xoán XXIII dende as 22:00 horas do sábado 24 de outubro, ata as 14:00 do domingo 25.

A Concellería de Tráfico prega aos cidadáns desculpen as molestias causadas pola celebración da carreira e acaten as indicacións dos axentes da Policía Local, membros de Protección Civil e persoal da organización da carreira.