domingo, 15 de decembro de 2013

CROSS DO MAGOSTO 2013 MONFORTE DE LEMOS

O pasado domingo 15 de Decembro celebrouse no Campo de Tiro de As Lamas a X Edición do cross do Magosto,  clásico evento atlético que se celebra na cidade de Monforte de Lemos, organizado polo clube local o atletismo a Gándara . 


Cunha mañá moi agradable para a práctica deportiva, a proba contou cunha nutrida participación de atletas da citada cidade, ademáis de corredores que proviñan tanto da  provincia como a da veciña Ourense. 

Disputaronse carreiras para todalas categorías dende benxamin ata veteranos. Na carreira absoluta os atletas participantes tiveron que percorren unha distancia de 6400 metros, sendo finalmente o  gañador Luis Iglesias un habitual nas carreiras populares da Ribeira Sacra. Luis gañaba con autoridade por diante do lucense Paulo Porto  (Verxel) e de Saturnino González (Veteranos Orense). Na proba femenina, claro color local, co triunfo de Natalia Gran (A Gándara), por diante das súas compañeiras de equipo Alejandra Campos e de Mari Carmen Lorenzo.