domingo, 29 de novembro de 2015

CROSS ESCOLAR SADA MONDEGO

Onte sábado celebrouse en Mondego a segunda edición do Cros Escolar fase previa. Magnífica mañá no climatolóxico e no deportivo, nun circuíto precioso en perfectas condicións para esta especialidade que tanto gusta aos pequenos como é o campo a través.

O CAS foi unha vez máis o club con maior participación con 94 nenos chegados a meta, e a isto engadir ademais uns excelentes resultados deportivos, Así, os equipos Benxamín Feminino, Alevín Feminino e Masculino, e Infantil Masculino, obtiveron o primeiro posto por equipos. As Infantís e Cadetes Feminino lograron a terceira praza, e os Benxamines Masculino o 4º posto. Como é de supoñer, grandes actuacións individuais para obter estes resultados, pero o máis importante, o espírito de equipo co que competiron todos os nosos novos atletas, que unha vez máis, e cada vez con maior forza, véñennos a demostrar que a canteira que vén promete.

Parabén a todos os niñ@s que participaron e aos seus adestrador@s, e moitas grazas a todos os papas por traelos.