xoves, 4 de maio de 2017

CULLEREDO ABRE A INSCRICIÓN DA VI CARREIRA POLA RÍA DO BURGO DO DÍA 14 (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

O próximo 14 de maio celebrarase a VI Carreira pola Ría do Burgo, unha proba que organiza o Concello de Culleredo e forma parte do circuíto de carreiras populares da Deputación. Os interesados en participar deben inscribirse ata o día 10 a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, na que figuran as diferentes categorías establecidas. 

Os corredores da categoría absoluta terán un percorrido de dez quilómetros de lonxitude ao longo da zona verde do paseo marítimo, mentres que os participantes nas categorías xuvenil, cadete e infantil correrán dous quilómetros e os das alevín e benjamín tan só un quilómetro. A organización incluirá ademais un carreira simbólica para os nenos máis pequenos na que non haberá clasificación.