venres, 1 de xullo de 2016

CURTIS ACOLLE ESTE SÁBADO O CAMPIONATO DE GALICIA DOS 5KM EN RUTA

Todo se atopa preparado no Concello de  Curtis para acoller  mañá sábado a celebración, sobre nun circuíto urbano e homologado pola RFEA de 2,5 km do Campionato de Galicia Absoluto en ruta de 5 km, das categorías xuvenil, junior, promesa e veterán.

O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Santiago de Compostela e contará ca participación de 189 atletas inscritos  (123 chicos y 59 chicas) que loitarán por suceder a Manuel Hurtado e Carmela Cardama (ausentes nesta proba) gañadores absolutos na edición do ano pasado celebrada en A Estrada.