Despois de dous anos soportando as inclemencias climatolóxicas, hoxe poidemos desfrutar en Xinzo dunha nova edición da Carreira Popular Xinzo de Limia sen choiva, sen vento e cunha temperatura mais que aceptable, que rondaba os 11 grados.
Comezaba a mañá coa carreira infantil e cadete, con boa participación e un alto nivel, pois na liña de saída contábamos con varios campións e subcampións de campo a través. Novo percorrido de 2.500 m.
Infantil Masc 03 - Alexandre Álvarez
Infantil Masc 02 - Said Abdoun
Infantil Fem 02 - Yaiza González
Cadete Masc 01 - Anass Nagihi
Cadete Fem 01 - Carla Domínguez
Cadete Masc 00 - Ziad Nagihi
De seguido, deuse a saída para carreira Benxamín e alevín, que tamén estreaban circuito, cun percorrido de 1.500 m.
Benxamín Masc 07 - Rodrigo Martínez
Benxamín Fem 07 - Carmen Castillo
Benxamín Masc 06 - Javier Malingre
Benxamín Fem 06 - Ángela Macho
Alevín Masc 05 - Raúl Barja
Alevín Fem 05 - Carla Saburido
Alevín Masc 04 - Alejandro Blanco
Alevín Fem 04 - Naiara Parada
A carreira absoluta foi dominada de principio a fin por Daniel Bargiela (31:17), que repetía triunfo en Xinzo, despois da súa victoria no ano 2011, seguido de José Manuel Fernández Márquez e Luis Iglesias Raña.
O podium feminino estivo composto pola campiona Sonia Teijeiro (40:28), seguida de Flor Lamas e María Ferreiro.
Os primeiros atletas locais foron:
1º - Julo Rodríguez e Fátima Gónzalez
2º - Roberto Feijoo e Tania Prieto
3º - Jose Antonio Pérez e Aurora López
Tamén se repartiron trofeos para o atleta mais novo (Eros Barreiros - 1 ano) e para o atleta de maior idade (Manuel Fernández Ledo - 79 anos).
Na proba Prebenxamín (350 m) os gañadores foron:
Prebenxamín Masc 08 - Diego Cerdeiro
Prebenxamín Fem 08 - Iria Solera
Prebenxamín Masc 09 - Miguel Santana
Prebenxamín Fem 09 - Noa Rodríguez
Rematou a xornada coa carreira de Pitufos, cunha participación de 40 nenos e nenas que recibiron a súa medalla conmemorativa pola súa participación nesta edición.
En xeral, boa participación con mais de 400 chegados a meta en tódalas carreiras e con boas críticas acerca da organización e do novo circuito.
Agradecer ós patrocinadores Gadis, Fritas Jalys e Clínica Semecor a súa colaboración, e á Policía Local e Protección Civil de Xinzo de Limia, que fixeron un moi bo traballo para que todo saíra ben e non houbera ningún percance.
Escrito por Óscar.