domingo, 7 de agosto de 2016

DANIEL BARGIELA, O MÁIS RÁPIDO SOBRE A AREA DE NIGRÁN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Daniel Bargiela impúxose con claridade na sexta edición da Nigrán Area disputada na mañá do sábado no areal de Praia América. O exmaratoniano gañou no cadro msaculino mintas que Ana María Alonso non atopou rival na proba feminina. A iniciativa contou con máis de medio milleiro de participantes e consolídase como unha das contadas probas que transcorre na súa integridade por un areal.

O Val Miñor, a entidade organizadora, aproveitou a marea baixa para celebrar unha nova edición da súa cita, que ademais nesta ocasión tiña fins solidarios, concretamente a campaña Pingas para Níxer promovida por Unicef.

E baixo esa area dura Daniel Bargiela non lle deu opcións aos seus rivais. Dominou con comodidade a proba masculina, duns seis quilómetros de distancia, e entrou na liña de meta con máis de medio minuto de antelación con respecto a Rubén Pereira, outro clásico do atletismo vigués que entrou en segunda posición, sendo o céltico Carlos Porto o terceiro en discordia e o home que completou o podio.

No cadro feminino o triunfo de Ana María Alonso (Atletismo Beade) aínda foi máis claro, xa que avantaxou en máis dun minuto e medio ao seu principal rival, María Varela, que tivo en Elena Costas ao seu principal rival para facerse coa segunda posición.

Á liña de meta chegaron un total de 535 atletas nunha cita marcada pola calor e o bo ambiente de Praia América.