O ateleta ordense David Santos e Rocío Alvite proclamáronse campións da XXXI Carrreira Popular do Concello de Ordes, na que participaron preto de 350 atletas en total.
Completando o podio da proba máis destacable, a absoluta, figuraron Manuel Páéz López e Luís Antelo en segundo e terceiro lugar respectivamente na modalidade masculina. No caso da feminina ditas posicións correspondéronlle a Esther Pedrosa e Lucía González. Na categoría Junior-Promesa-Senior os primeiros clasificados foron: Jessica García Gago, Adriana Mata, Ana Belén Vázquez e Edgar Castelo, Gastón Antonacci e Sendon Caamaño. No caso dos xuvenís os premios foron para Kevin Darriba e Adrián Bao.
Tamén abundaron os premios para os veteráns. Eusebia Maldonado, Natalia Lorenzo, Elena Míguens e Enrique Goce, Chechu Penas e Gustavo Ríos foron os primeiros en chegar á liña de meta dentro da categoría veteráns A.
Na B os gañadores foron: Susana Parguiña, María del Camen Painceira, Emilio Martínez, Samuel Veiga e Carlos Fernández.
Por último Carmen Casas, Lina Fuentes, Ramiro Pérez, Saúl Gómez e Koldo García foron os mellores entre os veteráns C.
As mellores posicións entre os cadetes foron para Ana García Sabela Rey, Lara López, Javi Rodríguez, Rubén Fraga e Gaizka Gómez.
Na categoría infantil destacaron Deki Mato, Noelia Castro, María Pena, Daniel Mato, Antonio Luaces e Iván Suárez.
Na alevín foron Valeria Guridi, Susana Amor, Enma Argibay, Sergio Soto, Diego Rodríguez e Samuel Fariñas; mentres que na dos benxamíns os primeiros postos acadáronos Alba Pena, Carlota Fontenla, Natalia Argibay, Daniel Salgueiro, Manuel Souto e Lucas Pena.
A clasificación por clubes locais estivo encabezada polo Vista Alegre, seguido do Correcaminos Ordes Runnin e o Coyote Ordes Runnin Team.
Por outra banda o Sar-Vermú Petroni e o Atletismo Milladoiro foron os mellores equipos federados. Tendo en conta que os premios non son acumulativos o recoñecemento para os atletas ordenses con mellores tempos foron para Ana Belén Ferreiro, Pablo Raña, Juan Carlos Martínez e José Ángel Morlán. As distancias dos percorridos trazados para esta edición foron dende os 500 aos 9500 metro e os premios en metálico foron dende os 50 ata os 150 € según a categoría.
José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, e os concelleiros Ana Soneira e Luis Caamaño foron os encargados de entregar os trofeos e medallas aos atletas. Un ano máis o Concello de Ordes contou coa colaboración da Federación Galega de Atletismo para a realización desta proba, ademais da de importantes firmas comerciais como Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, Nocilla, Gadis, froitería A Nova e Eurofrut.
Fonte: www.concellodeordes.com