O próximo 24 de marzo Vilagarcía converterase en capital da solidariedade. A quinta edición da Carreira Ladesol "corro por Angola" convértese no escenario perfecto para demostrar empatía cos máis necesitados. O obxectivo non é outro que conseguir unha cantidade de diñeiro que se empregará en dotar de contido á biblioteca construída na rexión de Gangula co conseguido na carreira do pasado ano. Toda unha proba en grao sumo ejemplarizante.
O obxectivo solidario da Carreira Ladesol tamén alcanzou potentes altofalantes a través das redes sociais. Un deles é o xornalista Tomás Roncero quen animou á participación, do mesmo xeito que Daniel Garrido, director de Carrusel Deportivo.
Todos aqueles que queiran sumarse á causa e participar o próximo 24 de marzo, tan só teñen que facer válida a súa inscrición. Para iso poden dirixirse persoalmente ao colexio San Francisco ou facelo telemáticamente a través do portal da internet
www.carreirasgalegas.com. A cota é de 3 euros, fóra dos participantes na carreira longa que abonarán 6 euros. Ademais os días 9 e 16 de marzo o colexio San Francisco instalará unha carpa na Praza de Galicia.
Ademais, a participación está aberta desde os 3 anos e haberá diferentes distancias que van desde os 100 metros ata os 10 quilómetros para os corredores a partir da categoría júnior. A camiñada consta de 4,5 quilómetros.