domingo, 21 de maio de 2017

DIZ E OCAMPO, GAÑADORES (Fonte: www.laregion.es)

Rubén Díz e Ana María Ocampo foron os grandes dominadores da segunda edición da Carreira Popular da Valenzá, disputada na tarde de onte na localidade ourensá.

Ás oito da tarde e despois das competicións de base, chegou a quenda da carreira absoluta, na que os favoritos non deixaron lugar a dúbidas e marcaron a pauta desde o primeiro metro.

Na proba masculina, Rubén Diz demostrou o seu nivel impoñéndose con solvencia a todos os seus rivais. O corredor da Ximnástica de pontevedra avantaxou en 1:07 minutos ao segundo clasificado (21:59), outro habitual das probas populares ourensás, Javier Paredes, que completou os sete quilómetros de percorrido en 23:01. Completou o podio da cita Iago Morenza, a 1.48 do vencedor da proba. Por detrás, na cuarta e quinta posición, respectivamente, clasificáronse Fernando Montes e Fernando Reino.

Ocampo, gañadora feminina

Na cita feminina, Ana María Ocampo tamén logrou unha vitoria solvente sobre os sete quilómetros de trazado.

Con menos vantaxe que Rubén Diz na proba masculina (33 segundos), Ocampo concluíu a proba cun tempo de 27:22 por diante de Vicky Losada e Ana Belén Losada, que entraron na meta xuntas (27:54). Con máis de dous minutos de atraso sobre o trío de cabeza, entraron na meta Mónica Nóvoa e Gloria Galiña, na cuarta e quinta praza da proba.

Fonte: www.laregion.es