domingo, 8 de novembro de 2015

DOMINIO AFRICANO NA CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Os atletas africanos foron os grandes dominadores da trixésimo sexta edición da Carreira Popular de Negreira, sobre todo no cadro masculino, no que coparon os cinco primeiros postos. O kenyano Michel Bett foi o primeiro en cruzar a liña de meta, en solitario. Impuxo un ritmo imposible de seguir para o resto de participantes. Empregou 29 minutos xustos en dar dúas voltas ao circuíto urbano de cinco quilómetros. A 27 segundos entrou o marroquí Jaouad Tougane e a 57 o tamén marroquí Abdelhadi O Mouaziz.

En mulleres impúxose a kenyana Vitalyne Jemaiyo, cun tempo de 34:15. Moi preto, a só catro segundos, chegou a portuguesa Claudia Pereira. E completou o podio Joselyn Daniely, nacida en Venezuela pero fincada en Galicia, cun crono de 35:25. Os primeiros galegos na clasificación xeral foron o ourensán Alejandro Fernández (sexto, 31:04) e Vanessa Lafuenta, atleta de Carballo que cruzou a liña de meta en quincuaxésimo quinto lugar cun tempo de 36:52 (sexta no cadro feminino).