luns, 11 de abril de 2016

DURA PROBA PARA OS FONDISTAS DA MEDIASAN. (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A terceira edición da Media Maratón do Camiño converteuse hoxe nunha proba épica para os 453 fondistas participantes. Ademais da pola propia dureza do trazado de 21 quilómetros desde Arca (O Pino) ata a praza do Obradoiro, os atletas tiveron que superar unha xornada moi adversa no meteorolóxico, con choiva, barro e moito frío. A pesar deses condicionantes, os primeiros fondistas en cruzar a liña de meta fixérono con bos tempos. En categoría masculina, o vencedor foi Nuno Costa, que cun crono de 1 hora e 14 minutos impúxose a Akka Essaadaoui e a David Santos, segundo e terceiro respectivamente na meta do Obradoiro. Entre as mulleres, o mellor tempo marcouno Rocío Alvite, que percorreu os 21 quilómetros da proba en 1 hora e 28 minutos, seguida de Raquel Suárez (gañadora da edición do ano pasado) e de Esther Pedrosa.