O pasado domingo 6 de xullo, tivo lugar a I Edición da Carreira Solidaria Parque Oleiros, un evento cuxo obxectivo era axudar ás familias que teñen dificultades con quilos de comida non perecedoira, en favor da cociña económica da Coruña.
Grande éxito de participación nesta carreira popular celebrada nas inmediacións do parque empresarial "PARQUE OLEIROS", que contou coa inestimable colaboración das empresas situadas no devandito parque, ademais do concello de Oleiros, da escola de negocios IFFE Business School, Coca-Cola, Club Atletismo Sada.
A ameaza da chuvia durante este fin de semana, non fixo acto de presenza durante a xornada, o que permitiu aos corredores gozar deste solidario evento.
O éxito de público e participación confirma a intención de repetir a experiencia o ano que vén.
Grazas dende a organización a todos os corredores, familias e voluntarios pola vosa colaboración en favor daquelas familias máis desfavorecidas.