venres, 10 de febreiro de 2017

ENTREGA DA RECADACIÓN A CÁRITAS E CRUZ VERMELLA NO CONCELLO DE SADA

No transcurso do día de hoxe fíxose entrega ós representantes de Cáritas e Cruz Vermella da recadación de diferentes carreiras solidarias realizadas no concello de Sada.
As probas serían organizadas polo Club Atletismo Sada, en colaboración co Concello de Sada e a Federación Galega de Atletismo. 

Ó acto asistieron representantes destas entidades benéficas, o alcalde de Sada, presidente de la Federación Galega de Atletismo e presidente do Clube Atletismo Sada, entre outras persoas.