Unha das principais actividades complementarias a Equiocio será o Trail Solidario Desafío Ferrol, que cumprirá o seu segundo ano. Nesta ocasión a Cruz Vermella será a entidade beneficiaria dunha parte do recadado polas inscricións na proba, que xa poden formalizar a través da páxina web www.carreirasgalegas.com
O prazo está aberto ata o 1 de agosto, aínda que os interesados tamén poderán anotarse de forma presencial nas instalacións de Equiocio no Campo das Cabazas.Organizaranse varias modalidades da proba, unha longa de 26 quilómetros e un desnivel de 745 metros, con saída ás 9.30 horas. E un percorrido máis alcanzable de 16 quilómetros e un desnivel de 447 metros, con saída ás 10.00 horas. Tamén se celebrará unha camiñada de 7 quilómetros. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo.
Fonte: www.lavozdegalicia.es