sábado, 10 de xuño de 2017

ESGOS ACOLLE O AUTONÓMICO DE MONTAÑA (Fonte: www.farodevigo.es)

O 11º campionato de Galicia absoluto de Montaña nas categorías júnior, promesa e veteranos celébrase mañá no concello de Esgos.

A saída está prevista para as 11:00 horas diante da Casa do Concello. A carreira discorrerá por un percorrido de 13 quilómetros. Conxuntamente desenvolverase a 11ª Subida Rocas-Eirado, onde se situará a meta.
A distancia total a percorrer será tamén de 13 quilómetros, cun desnivel de 582 metros positivos.
A entrega de dorsais realizarase desde as 8:30 horas ata as 10:45 horas.