A Carreira Popular Nocturna Concello de Celanova cumpriu doce anos, arraigada no panorama pedestre ourensán e cun cartel de luxo, no que eran reconocibles atletas de enorme calidade, que percorreron as rúas da vila para pugnar polo triunfo final.
Entre ese grupo cabecero destacaron os dous máximos aspirantes da proba absoluta, como eran o marroquí Akka Essaadaoui e o fondista ourensán Alejandro Fernández, ao que se lle quedaban un pouco curtos os case oito quilómetros da carreira celanovense.
Así foi que ao final foi o norteafricano afincado na contorna viguesa o que fixo valer a súa punta de velocidade e a súa experiencia nas populares, que xa é notoria polos triunfos que acumula neste tipo de convocatorias, ás que sumou unha nova edición desta nocturna, cun crono de 24.21. Fernández Rivera empregou 10 segundos máis, mentres que José Manuel Corral completou o podio a 1.23 minutos do autoritario vencedor, ao que seguiron outros habituais do calendario ourensán de populares, como son Luis Iglesias e Saturnino González, cuarto e quinto clasificados, respectivamente.
Na categoría feminina tamén foi clara a vitoria de Águeda Ofelia Blanco , porque o tempo de 30.36 que marcou a atleta de Moaña foi inalcanzable para as ourensás Sonia Teijeiro que cedeu 41 segundos con respecto á vencedora, como para a terceira, Ana María Ocampo, que perdeu case dous minutos na liña de meta, aínda logrando un escano na escalinata de honra.
A proba volveu demostrar tamén o seu tirón nas categorías inferiores, ademais de animar o ambiente nas principais arterias da vila e, sobre todo, na zona de meta da praza Maior, onde tamén se entregou tanto o Premio Especial Curros Enríquez, como os que recompensaron o esforzo dos máis pequenos, desde os prebenjamines, que gañaron Álex Sierpes e Irene González.
Daniel Currás e Kiara Santiago venceron entre os benxamíns, mentres que o triunfo en alevíns adxudicáronllo Mauro Dourado e Ainhoa Rodicio. Na carreira que reuniu a infantís e cadetes, Alexander Ferro e Adriana García gañaron na primeira desas divisións, con David Burgos e Lucía Pérez na segunda.
Correndo por Ourense
As citas ourenanas co atletismo popular regresarán o próximo fin de semana á capital coa disputa da terceira estación do circuíto Correndo por Ourense, que ao mediodía do domingo iniciará a carreira da zona Centro. Como no resto das competicións desta programación, o período de inscrición para aqueles que non estiveron nas anteriores finaliza pasadomañá.
Finalizará así a primeira metade do certame, que deixará libres as datas do verán para renovarse a principios do próximo mes de setembro.