O sábado ás dez da noite celébrase a primeira edición dunha carreira que tamén vai ser solidaria e que pretende animar ao turismo "runner"
O 'running', correr, está de moda. E xa a cousa non é nova e veu para quedar. Saúde, diversión, facer amigos, superarse, unha morea de vantaxes que explotan a diario os que se botan aos carreiros e ás estradas a facer quilómetros. Todos estes e os que deamos fichado hoxe teñen unha cita o sábado en Santiago na primeira edición da carreira nocturna: Sant Ya Go 10k!