O deporte estase a converter no gancho perfecto para os bos propósitos, puidémolo ver esta tarde no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela que se encheu de solidariedade nunca carreira creada para recadar fondos e destinalos a varias asociacións.
Co lema de "precisamos os teus quilómetros" remataba hoxe a I Carreira Universitaria Solidaria organizada polos alumnos de 6º curso de Medicina da USC, RunforMed, e o servizo de reprografía da universidade, Campus na Nube en colaboración con varias empresas galegas. O espazo onde se celebrou o evento estaba cheo de corredores a falta dunha hora para o inicio da carreira.
Grazas aos 600 deportistas, que pagaron unha simbólica cantidade, alcanzouse unha suma de máis de 3.500 euros para a asociación Arela, de apoio á infancia e a mocidade, e ASANOG, que axuda a nenos con cáncer dos hospitais galegos.
O evento foi todo un éxito que superou as expectactivas tanto dos participantes como dos organizadores, dando exemplo de que sempre hai algo que podemos facer para axudar os demais.