No día de hoxe o que fora atleta, adestrador, Secretario Xeral da FGA durante o periodo de Sergio Vázquez, gran amante do atletismo e medalla de Ouro da F.G.A., finaría rodeado dos seus, logo dunha longa enfermidade.
O seus restos están dende hoxe as 18.00 en Servisa (A Coruña) onde mañá se lles oficiará misa solenme as 10.30 horas
A ausencia de Genaro Graña vai deixar un vacío moi importante no mundo do atletismo galego tanto pola historia, da que xa forma parte, como pola súa bondade e calidade humana, recoñecida e respetada por todos
Dende esta Federación queremos amosar as nosas máis fondas condolencias a familiares e achegados así como transmitir un profundo recoñocemento, respeto e admiración ó seu innegable legado e entrañable figura.
Descansa en paz compañeiro