xoves, 9 de xuño de 2016

FATHI, AMADOR E MICHEL, FAVORITOS NA CARREIRA POPULAR DE PONTECESO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O marroquí Fathi, o santiagués Amador Pernas e o vimiancés Míchel Antelo, a falta dos inscritos da xornada de hoxe, preséntanse como os favoritos na loita polo título da terceira edición da Carreira Popular Concello de Ponteceso.

O prazo de inscrición finaliza hoxe na pagina web www.carrerasgalegas.com. Onte os anotados superaban os 300, 200 na categoría absoluta de 8 quilómetros, unha trintena na absoluta de dous quilómetros e preto dun centenar nas diferentes categorías de base.

Si na competición masculina os candidatos son claros, na feminina tamén. Así Priscila Suárez (Ponteceso) é a rival a bater, aínda que haberá que contar con Eusebia Maldonado (A Coruña) e Viki Fernández (Vimianzo), entre outras. Ademais, na categoría masculina terán as súas opcións Pedro Alén (Carballo), Gonzalo Silva (Santa Comba) ou José Suárez (A Baña).

O Concello de Ponteceso ten a colaboración da Agrupación Abellariza, Asociación de Empresarios e Eroski, que farán que os tres primeiros absolutos, tanto en categoría masculina como feminina, leven un vale por valor de 100, 50 e 25 euros, respectivamente, para facer compras en establecementos da localidade.

Ponteceso estará practicamente pechado ao tráfico rodado desde as 9.45 a 10.20 e de 10.30 a 11.30 horas porque a saída das diferentes probas realizaranse na ponte da localidade e os atletas discorrerán por varias rúas da localidade. Haberá sinalización para tomar os desvíos oportunos.