mércores, 5 de xullo de 2017

FATIHI E FERNÁNDEZ VENCEN EN CATEGORÍAS ABSOLUTAS (Fonte: www.dxtcampeon.com)

Abdelaziz Fatihi cumpriu co pronóstivo na X Baixada de San Pedro de Visma, antepenúltima proba do Coruña Corre, que en categoría absoluta feminina tivo como vencedora a Sofía Fernández Castro.

Máis de 700 atletas tomaron parte na proba nas súas diferentes categorías de idade. O máis veloz de todos foi Fatihi, que empregou 22 minutos e 30 segundos en percorrer os 6.490 metros. Segundo foi Anxo Castro (23:22) e terceiro Alfonso Soto (25:21).
En mulleres, Fernández Castro parou o crono en 26:20, máis de catro minutos que a segunda, Lucía Vázquez (31:04). Completou o podio Yoly Vázquez (32:53).
En categoría junior impuxéronse Jorge Sieira (23:49) e Patricia Suso (36:50), en promesa os gañadores foron David Bergondo (28:27) e Sofía Fernández Castro "dobrete co seu triunfo absoluto", mentres que nas categorías de veteranos cruzaron a meta en primeiro lugar José Miguel Gómez e Noemí Moral (Vetaranos 1), Javier Tourís e Nuria Palacios (2), José Suárez e Elisa Paz (3) e Domingo Álvarez e Araceli Veiga (4).
A próxima parada do Coruña Corre será o 10 de setembro, a Volta a Oza. Dúas semanas despois, a Carreira Popular do Ventorrillo pechará o circuíto 2017.