martes, 4 de xullo de 2017

FATIHI TAMÉN DOMINA O CROS (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

Abdelaziz Fatihi volve ser o rei do circuíto Coruña Corre. Fallou na da Torre de Hércules despois de conquistar Os Rosales, Novo Mesoiro e Matogrande pero onte non deu opción aos seus rivais. Conquistou a Baixada Popular de cros de San Pedro de Visma, que cumpría a súa novena edición. En categoría feminina, a primeira en cruzar a meta foi Noelia Papín.

O hispanomarroquí parou o crono en 22 minutos e 50 segundos. Nunca abandonou a primeira posición desde que soou o pistoletazo de saída e percorreu os arredores do parque de Bens como líder. Por detrás de Fatihi apareceu na meta Pablo Bocelo, que ocupou o segundo caixón do podio cun tempo de 23 minutos. O terceiro foi Javier Tourís, que acabou 28 segundos máis tarde. As mozas tamén puideron gozar dunha xornada na que o sol apareceu pronto, aínda que tamén o vento. Noelia Papín conquistou o cros cun crono de 28:43. Sacoulle xusto un minuto á súa perseguidora, Marlen Trucios, que quedou coa segunda praza (29:43). A terceira clasificada foi Montserrat Hernández (30:57).

Os pequenos tiveron o seu momento unha vez finalizada a proba absoluta. Julia Cordonié e Javier Rodríguez levaron o triunfo en cadetes mentres que os mellores xuvenís foron Salomé Calviño e Jorge Sieira. Tomás López e Lucía Acebrás conquistaron a proba infantil. En alevíns, os mellores foron Lúa de la Fuente e Sergio Soto. En benjamines, por último, a vitoria foi para Carlota Fontenla e Daniel Salgueiro.


Fonte: www.laopinioncoruna.es