O ex xogador de baloncesto Fernando Romay será o padriño da terceira edición do Día do Deporte Solidario, que se celebrará o 3 de xuño en Área Central. O evento reunirá decenas de exhibicións de entidades deportivas da cidade. A recadación será para a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer de Santiago (Agadea).
A actividade final será a segunda edición da milla popular solidaria, homologada pola Federación Galega de Atletismo.