luns, 26 de xuño de 2017

FERNANDO VIDAL E MARÍA TARRÍO GAÑAN A CARREIRA SOLIDARIA DE 10 QUILÓMETROS DE "LADESOL" (Fonte: www:diariodearousa.com)

Fernando Vidal Moreno e María Tarrío Martínez foron os gañadores na proba absoluta da nova edición da carreira solidaria de "Ladesol" que onte pola mañá percorreu un total de 10 quilómetros polas principais rúas de Vilagarcía. Vidal Moreno, co dorsal 1076 e do club Atenas Running VDA, conseguiu completar o percorrido fixado pola organización en só 35 minutos e 26 segundos, cunha media de 3 minutos e 33 segundos o quilómetro. Pola súa banda Tarrío Martínez, que lucía o dorsal 1085 e pertence ao Club Deportivo Vagalume Enerxía, conseguiu un tempo de 43 minutos e 22 segundos, cunha media por quilómetro de 4 minutos e 20 segundos.

Foron un total de 140 os corredores que participaron nesta carreira absoluta encamiñada a recadar fondos para un fin totalmente solidario.

Outras categorías

Na categoría alevín, cuxos corredores percorreron ao redor dun quilómetro de distancia, os gañadores foron Celia Castro Padín, cun tempo de 3 minutos e 14 segundos e Adrián Abalo Galbán cun tempo total de 3 minutos e 20 segundos.

Na categoría benjamín, un pouco máis de medio quilómetro de distancia, o gañador foi Pedro Reino Campos, cun tempo de 2 minutos e 6 segundos, e a gañadora Andrea Solla Boo, cun tempo de 2 minutos e 27 segundos.

O éxito de participación foi total nesta terceira edición dunha carreira que vai gañando tanto en fama como en espectacularidade. As altas temperaturas non impediron aos corredores loitar polos seus mellores tempos. Paralelamente á carreira tamén tivo lugar unha andaina solidaria na que decenas de persoas quixeron participar para achegar o seu gran de area.

Fonte: www:diariodearousa.com