Vinte e un quilómetros sobre o asfalto de Ferrol, Narón, Neda, Fene. Calquera afeccionado ao atletismo recoñece esta proposta, trátase da media maratón Volta á Ría coa que se homenaxea a Adolfo Ros e que cumprirá o 2 de decembro o seu trixésimo terceira edición. A cita implica unha importante coordinación dos catro municipios e as súas forzas de seguridade.
A carreira sairá da praza de España ás 10.00 horas. Será o punto de quecemento a cargo do Colexio de licenciados en Educación Física, e tras a proba intervirán profesionais do Colexio de Fisioterapeutas. BE One A Malata fará actividades mentres dura a proba.
A proba busca ser inclusiva con categoría de handbikes, cadeira de rodas e para invidentes.
Fonte: www.lavozdegalicai.es