A Nocturna Estradense convértese cada ano no preludio do San Paio e unha festa do atletismo, ademais de ser puntuable para o circuíto Corre A Estrada Corre.
Nesta ocasión foron 543 os inscritos entre todas as categorías, con saídas desde as 21.00 para os máis pequenos (na foto os prebenjamines) e ás 23.00 a absoluta, con saída e chegada na rúa Calvo Sotelo.
Fonte: www.lavozdegalicia.es