martes, 1 de setembro de 2015

FINALIZA O PRAZO PARA O CAMPIONATO GALEGO DE 10 QUILÓMETROS EN VIMIANZO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Vimianzo será o vindeiro domingo, por primeira vez na historia do atletismo na Costa da Morte, o lugar que acollerá o campionato de Galicia de 10 quilómetros en ruta.

O prazo de inscrición, tanto para federados como para os demais, conclúe hoxe (ata as 23.59 horas) na plataforma www.carreirasgalegas.com que pertence á Federación Galega de Atletismo.
Haberá dúas competicións de forma paralela. Unha, para os atletas inscritos no campionato de Galicia de 10 quilómetros en ruta, e outro para os participantes na quinta edición da Carreira Popular Concello de Vimianzo.

Horario
A organización estipulou o horario e os diferentes grupos para todos os participantes que se anoten.

  • 11.00 horas 10 Kms ruta
  • 11.00 horas Sénior popular
  • 11.00 horas M40 popular
  • 11.00 horas M50 popular
  • 12.30 horas entrega premios
A carreira será cronometrada polo sistema de chips da Federación Galega de Atletismo. Tamén informan de que ao finalizar a competición deberá ser devolto o dorsal recibido. O mesmo día da carreira, o domingo, desde as 9.30 horas e ata media hora antes do inicio da competición poderanse realizar a retirada deses dorsais e chips nos baixos do Concello de Vimianzo.

O dorsal deberá levar colocado na parte anterior do corpo e nun lugar visible. Todo corredor que cruce a liña de meta e non o teña será automaticamente descualificado.

Onte estaban contabilizados para a carreira popular 70 participantes, polo que hoxe se espera un día intenso na federación coas anotacións.