venres, 19 de febreiro de 2016

GALA DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O vindeiro venres día 26 de febreiro terá lugar no edificio da Deputación de A Coruña o acto de entrega de trofeos aos equipos e atletas finalistas no Circuíto Carreiras Populares da Deputación da Coruña. O acto será as 19:00 horas e ten unha duración prevista de unha hora.
 
É moi importante que os atletas e clubes involucrados confirmen a súa asistencia e que asistan a este importante acto. No seguinte formulario podes confirmar a túa presenza e sinalar se vas vir acompañado.

  • Enlace ao formulario de asistencia (AQUÍ)
  • Enlace aos premiados (AQUÍ)