Os célticos Gonzalo Basconcelo e Celia Pérez lograron o triunfo na terceira edición da Milla Solidaria Anemia de Fanconi, que se disputou este ano no concello de Gondomar, nas inmediacións do campo de Fútbol das Cercas.
En total, os participantes na milla federada percorreron unha distancia de 1,609 quilómetros, nunha proba de carácter solidario organizada pola Asociación Española de Anemia de Fanconi e os concellos do Val Miñor. Toda a recadación da devandita carreira está destinada á Asociación Española de Anemia de Fanconi e, sobre todo, para dar a coñecer esta enfermidade, que está considerada dentro do grupo de enfermidades raras.
Gonzalo Basconcelo parou o crono en 4:42, seguido por Adrián Lago, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, cun tempo de 4.43; e do tamén céltico Manuel Martínez Ageitos (4:50).
Pola súa banda, na carreira feminina, a mellor foi Carla Pérez, que parou o crono en 5:31, e que estivo acompañada no podio pola súa compañeira de equipo Cristina Estévez (6:02) e pola o atelta do Comesaña Sporting Club Ana Paula Vilar (6:12).
Withney Rodríguez, do Club Ourense Atletismo; Mari Costas, da Sociedade Atlética Val Miñor; e Yada Castro foron as tres primeiras da milla popular feminina, mentres que na masculina os máis destacados resultaron Marco Antonio Valverde (Sociedade Ginmástica Val Miñor); José Alberto Bastos e José Antonio Álvarez.
José Villar e Elena Costas, ambos os do Val Miñor, foron os máis destacados da categoría xuvenil-júnior, mentres que entre os cadetes losque máis brillaron foron Pablo Camescasse (do San Miguel de Oia) e Noelia González (do Val Miñor).
Nadia Fernández e Sergio Souto foron os mellores infantís, mentres que entre os alevíns os mellores foron Manuela González e Xan Álvarez. Julia López e Nicolás Aranda gañaron a proba benjamín; Lida Díaz e Josué Pérez, a prebenjamín. Na milla pola integración Manuel Rodríguez e Teresa Prezado completaron a distancia en cadeiras eléctricas, mentres que Rafael Sotelino chegou primeiro en cadeiras de rúa.