luns, 17 de agosto de 2015

GRAN NIVEL DE PARTICIPACIÓN ENTRE OS 296 ATLETAS QUE IRÁN Á CARREIRA DAS AREAS. (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Míchel Antelo (Vimianzo), líder do circuíto; Cristian Muíño (Coristanco), actual vencedor do certame; César Vázquez (Zas), Andrés Eirís e Javier Seoane (Carballo), Amador Pena e Manuel Nodar (Santiago) ou Alberto Carou (Noia), son algúns dos 296 inscritos para disputar a Carreira dás Areas, en Carnota, o próximo día 29. 

Tamén na categoría feminina, por agora, tamén hai unha excelente representación con Rocío Alvite (Mazaricos), Teresa Castro (Vimianzo), Eva María Portas (A Coruña) ou Carmen García (Cee).

Por agora non están anotados os vencedores do ano pasado, o sevillano Francisco Pérez, que realizou o percorrido en 36 minutos e 48 segundos, con marca incluída, e a muxiana Barca Toba, en 43 minutos e 35 segundos.

Esta é a única proba do circuíto Correndo pola Costa da Morte que se disputa en gran parte sobre area, o que dá unha interese especial á cita carnotá que leva 23 edicións.