domingo, 29 de novembro de 2015

HASSAN LEIKHILI E PAULA MAYOBRE GAÑAN O BELARMINO ALONSO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Non houbo emoción. Tanto o marroquí afincado en Ourense Hassan Leikhili como a arensana Paula Mayobre gañaron con absoluta comodidade unha nova edición do Belarmino Alonso, o cros con máis historia do atletismo galego e que está reservado en exclusiva a atletas federados por desexo dos organizadores do Comesaña Sporting Club.

Na carreira masculino Lolo Penas, que salgue dunha lesión non puido presentar batalla ante o marroquí, e despois dunha primeira volta igualada cedeu terreo para regular e entrar en segunda posición con moito tempo de marxe con respecto a Akka Essaadoui, que foi terceiro. A carreira absoluta masculina contou cunha importante participación, un dato fundamental nos tempos de zozobra que pasa o cros en Galicia.

A carreira feminina anunciaba un man a man entre a venezolana Joselyn Daniely Brea Abreu  e Paula Mayobre, pero a atleta da Ximnástica, que combina o atletismo co tríatlon, non se adaptou ao terreo do cros e enseguida deixou gobernar en solitario á arensana Mayobre, que gañou con comodidade e sen oposición. Joselyn Brea foi segunda e en terceira posición entra Sandra Mosquera, a atleta do Comesaña.

A cita contou tamén con moita participación nas categorías menores, sendo clasificatoria para o Deporte Escolar. O bo tempo deixou un circuíto sen barro e unha mañá ideal para o atletismo na zona de San Andrés de Comesaña.