domingo, 30 de novembro de 2014

HASSAN LEKHILI E LETICIA FERNÁNDEZ VENCEDORES NO XXXVI MEMORIAL BELARMINO ALONSO

Nunha mañá con boa temperatura celebrouse a XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a través organizado polo club Comesaña Sporting. Hassan Lekhili do Ourenrunning e Leticia Fernández do Ría Ferrol foron os vencedores absolutos sobre unha distancia aproximada de 8.900 e 6000, respectivamente. 
Na carreira conxunta de juniors e xuvenis, os millores juniors foron Adrián Ben do Lucus e Angela González do Comesaña, dous dos atletas galegos con maior proxección e Jorge Puig da SGP e Aída Martínez do C.A. Tui os vencedores na categoría xuvenil. Manuel Iglesias (Vila de Cangas) e Arantxa Pérez (Ourense Atletismo) en cadetes, El Medhi El Nabaoui (C.D. San Paio) e Sara Lima (Beade) en infantis e Sergio Souto (S. A. Val Miñor) e Carolina Santos (SGP) en alevíns foron os vencedores nas suas respectivas categorías.  

Fotografías: Flor Currás