Moitísimo público, como sempre; unha altísima participación nas categorías populares; e dúas boas carreiras nas probas absolutas. Este é o resumo da Milla Urbana do Barco, un evento que alcanzou a edición número 33.
Empezando polo final, a carreira dos "profesionais" foi dominada polo canario Nassim Hassaous, do Añares-Rioxa. Xa fora segundo no Barco, pero agora subiu un banzo máis. O canario do Añares-Rioxa é internacional sub-23.
Situouse por diante do actual subcampión de España de 5.000 metros, Sergio Jimémez (Praias de Castelló). Terceiro clasificouse Fernando Sainz, do Piélagos. A proba absoluta feminina viviu a vitoria incontestable de Solange Pereira, A atleta do Valencia estivo acompañada no podio por Lida Campo (Praias de Castelló), segunda, e Esther Navvarrete (Celta), terceira clasificada.