xoves, 25 de xuño de 2015

HOXE TERMINA A INSCRICIÓN PARA A MILLA URBANA DE MILLADOIRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Milla Urbana de Milladoiro alcanzará este domingo o seu décimo quinta edición. A carreira terá como escenario a Travesía do Porto e as rúas próximas, e a hora de saída está fixada para as 11 da mañá. Os participantes repartiranse por categorías segundo a idade, desde prebenjamines ata veteranos. Todos terán que completar algo máis de 1.600 metros excepto os máis pequenos: prebenjamines, benxamíns e alevíns. Para eles o trazado redúcese á metade.

O prazo de inscrición, que non ten custo, permanecerá aberto ata hoxe ás 22 horas. Pode formalizarse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. O martes xa se apuntaron un centenar de corredores. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

Control da federación
A Federación Galega de Atletismo encargarase do control técnico da proba. Os participantes deberán estar nas inmediacións da liña de saída dez minutos antes do comezo de cada proba. E as normas establecen que non poderán tomar parte quen non se apuntou en tempo e forma.

O Concello de Ames porá a disposición dos atletas un servizo de duchas no pavillón de Milladoiro.