luns, 10 de xullo de 2017

HURACÁN HURTADO ARRASAN NO 10K (Fonte: www.www.diariodearousa.com)

Manuel "Huracán" Hurtado, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, fixo valer a súa condición de favorito e impúxose onte na 10 K de Cambados cun tempo de 31 minutos e 25 segundos, correndo a proba a un ritmo de 3'09'' por quilómetro.
O atleta de La Bañeza, Alejandro Martínez, foi segundo cun tempo de 31'38'', e mantivo opcións de superar ao gran favorito ata os últimos metros. 
Nas quinielas previas á disputa da proba tamén figuraba o nome de Rubén Diz, da Ximnástica de Pontevedra, que completou un podio de gran calidade cun tempo na liña de meta de 32'01''

Categoría feminina
Tampouco houbo sorpresas na categoría feminina, onde as irmás venezolanas afincadas en Pontevedra Edymar e Joselyn Brea mostraron a súa superioridade nesta proba. A primeira delas en chegar á meta foi Joselym, que empregou un tempo de 34'52'', o que supuxo que no global da clasificación entrase no top dez cun meritorio sétimo posto.
A súa irmá subiuse ao segundo caixón do podio tras empregar un tempo de 36?30?? ao final dos dez quilómetros. A terceira clasificada foi Sofía Freaza Otero que tardou 38'24'' en completar o percorrido urbano habilitado pola organización.
A VII Carreira Popular Concello de Cambados contou cun total de 417 participantes, dos cales 359 foron homes e 58 mulleres. De todos eles, 63 eran veciños de Cambados.
Os vencedores, tanto en categoría masculina como feminina, levaron, ademais do correspondente trofeo, un premio en metálico de 300, 200 e 100 euros en función de se foron primeiros, segundos ou terceiros. Numerosos veciños presenciaron a proba.