O pasado 22 de decembro disputouse a I Carreira Popular de Sada. Trofeo do Nadal. A localidade costera das Mariñas,
albergou esta competición de carácter benéfico no circuíto do Paseo Marítimo,
nunha paraxe de gran beleza. Tanto a saída como a meta foron situadas fronte á
Casa da Cultura.
Nun ambiente de festividad navideña Ramón Serantes e Isabel
Babiano alzáronse cos triunfos na categoría absoluta, nun percorrido inferior
aos 6 kms. Tamén se programaron carreiras para as categorías inferiores, ata a
de pitufos. Esta proba, organizada polo concello de Sada e a Federación Galega
de Atletismo, contou con diversas entidades colaboradoras, destacando pola súa
implicación o Club Atletismo Sada.
Antes do acto de entrega de distincións da
carreira rendeuse un sinxelo pero emotivo homenaxe a algunhas das mulleres
galegas pioneras nos comezos femininos do atletismo galego e español. A
organización de mostrouse moi satisfeita tras esta primeira edición do I
Carreira Popular de Sada, proba que se consolidará nesta data navideña.