luns, 30 de xuño de 2014
I CARREIRA POPULAR PEDESTRE CONCELLO DE CURTIS E CAMPIONATO GALEGO DE 5 KM EN RUTA (Fonte: /www.curtis.es)
O 5 de xullo terá lugar na localidade de Curtis a I Carreira Popular Concello de Curtis; organizada pola área de deportes contando coa colaboración da Federación Galega de Atletismo. Simultáneamente a esta carreira se realizará o Campionato Galego en Ruta 5Km, o que implicará que os participantes da categoría absoluta da carreira popular, poderán correr ó mesmo tempo que os mellores atletas galegos. A proba desenvolveráse a partir das 20:30h, nun percorrido urbano que ten a saída e meta na Rúa mestre Eduardo Fariña (á altura do pavillón polideportivo de Curtis).