O pasado 31 de decembro a cidade de Santiago de Compostela acolleu a primeira edición da Carreira San Silvestre oficial da súa historia. Desta forma, a capital galega contóu cunha proba pedestre como despedida do ano, con gran éxito de participación.
Nun ambiente atlético e festivo propio da época navideña, máis de 700 deportistas déronse cita no Campus Vida da Universidade de Santiago para iniciar os case 5 km do percorrido da proba que remataría no emblemático Parque da Alameda santiaguesa. Con esta nova iniciativa o Concello de Santiago a través do seu Departamento de Deportes amosou o apoio o atletismo como buque insignia na súa loita contra o sedentarismo, iniciada hai 2 anos co circuito de Carreiras Saudables de Santiago “CorreSan”.
Desde o inicio desta campaña feita a través do Deporte baixo o lema que o propio Concelleiro de Deportes, Adrián Varela apodou como "SAN", o Concello pasou de ter unha proba federada de atletismo a ter once na actualidade, feito que consolida a capital galega coma unha grande referente atlética.
Os gañadores das diferentes categorías foron Pedro Nimo e Paula Sahelices en adultos e Lucía Suárez e Arturo Ramos Rey en escolares.