O pasado martes día 31 de decembro tivo lugar a "I San Silvestre-Fene" organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Fene coa colaboración de Protección Civil.
O percorrido desta carreira popular foi de 4 quilómetros aproximadamente, e discurriu por un circuíto urbano habilitado por distintas rúas das parroquias de Fene e Perlío.
Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados tanto da categoría masculina como da categoría feminina.
A maiores entregouse unha cesta de Nadal para a primeira muller e outra para o primeiro home que cheguaran a meta. Eles foron Sergio Piñon do club Afflelou Naron e Paula Mayobre do Bikila, respectivamente.
Tamén houbo cesta de Nadal para o mellor disfrace e outra para o disfrace máis votado en facebook.com/sansilvestrefene.