O Departamento de Deportes do Concello de Ordes organiza de cara ao vindeiro 31 de decembro a I San Silvestre Ordes. Trátase dunha carreira e andaina de 3,700 quilómetros na que poderán participar todas as persoas interesadas de forma gratuíta.
Dará comezo ás 12 horas e o lugar de saída situarase na rúa Entreparques, onde media hora antes do comezo da proba comezarán a repartirse os dorsais. As persoas que vaian participar deberán inscribirse gratuitamente en
www.carreirasgalegas.com, a organización unicamente solicita que cada participante achegue un quilo de alimentos non perecedoiros ou ben produtos de hixiene persoal. Ademais tamén se repartirán camisetas, agasallos, chocolate quente e rosca entre todas e todos os atletas.
Nesta ocasión o Concello de Ordes conta coa colaboración do Club Atletismo Ordes, da Federación Galega de Atletismo e de Cáritas Ordes.
Fonte: Concello de Ordes