O Concello de A Rúa de Valdeorras coa colaboración da Asociación Deportiva Amigos do Deporte Ourensá, a Delegación da F.G.A en Valdeorras e o Clube ADAS-Proinor, organizou a IIª Carreira e andaina popular do nadal o pasado día 22 de decembro do 2013.
O circuito da proba transcurriu por unha superficie completamente chan o que animou a moitos aficionados ao atletismo da comarca de Valdeorras e arredores a achegarse ata a Rúa para participar neste evento solidario. En total rexistrouse a participación de mais de 100 persoas. Chus Alonso Prieto de Ponferrada e Ana García do Barco de Valdeorras foron os vencedores absolutos da carreira. Os organizadores recolleron decenas de kilos de alimentos a través das aportacións individuais dos atletas participantes e foron todos eles donados para Cáritas.
A comarca de Valdeorras está a desenvolver dende os últimos anos unha gran promoción da práctica do atletismo a través da celebración de numerosos carreiras populares e desta vez, tamén promovendo a solidariedade entre a población.