domingo, 22 de decembro de 2013

II CARREIRA EN LíNEA SIN-SON 10

O pasado 22 de decembro disputouse a II Carreira Sin Son unha carreira en liña de 10 km que une as localidades de Portosin e Porto do Son. 


O percorrido da proba absoluta é esixente pero compensado, en canto a que as subidas non son excesivamente longas e os últimos 2 quilómetros permiten correr rápido xa que son en descenso. Eliseo Martín, medalla de bronce en 3000 metros obstáculos no Mundial de Paris no ano 2003 e Solange Pereira del Club Bikila foron os vencedores na proba absoluta, disputándose tamén carreiras para as categorías inferiores. 

A proba, organizada pola Agrupación Deportiva Porto do Son, contou tamén co patrocinio de Skechers e de Dare2B así como a importante colaboración do atleta internacional Pedro Nimo.