Na mañá do domingo día 1 de novembro, celebrouse a 2ª edición da Carreira Popular Concello de Monterrei, organizada polo Concello de Monterrei, en colaboración coa A. D. Limiactiva.
A primeira das carreiras progamadas foi a Infantil-Cadete, cun percorrido de 2 km.
Os gañadores foron:
Miriam Cerdeiriña e Fiz Losada en categoría cadete e Adriana García e Anxo Losada en categoría infantil.
Ás 10:50 h, era o turno para os benxamíns e alevíns, os cales tiñan que completar un percorrido de 1 km. Os primeiros clasificados nesta carreira foron Mara Prieto e Tristán Alonso en categoría benxamín e Ingrid Sande e Xoel Gago na categoría alevín.
A carreira absoluta contou cunha numerosa participación, pois preto de 150 atletas cruzaron a meta final, situada diante da Casa do Concello de Monterrei.
Os gañadores absolutos foron Luis Iglesias (Arenteiro - 0:25:59) e María Ferreiro (Ourenrunning - 0:32:31)
Para rematar a xornada, estaban previstas dúas carreiras mais, a de categoría prebenxamín, con Noa Rodríguez e Hugo Novoa como gañadores, e a proba de Pitufos, onde os 26 chegados a meta recibiron a súa medalla que acreditaba a súa participación.
Como resumo, destacar o bo ambiente habitual entre os atletas participantes e os comentarios satisfactorios tanto do percorrido como do nivel organizativo.
O alcalde de Monterrei, Jose Luis Suárez, declarou que a súa intención é facer unha terceira edición desta carreira que xa se está consolidando no calendario galego, e que de cara ó ano que ven, posiblemente haxa algunha que outra novidade.