luns, 14 de xullo de 2014

II EDICIÓN CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTROVERDE

Últimos días para inscribirse no que será a segunda edición dunha atractiva carreira organizada polo Concello de Castroverde. 

Ata o momento xa hai mais de 110 inscritos. Lembramos que a proba contará con importantes premios en metálico para os primeiros atletas que cheguen a meta na carreira absoluta de 7,5 kilómetros: 200, 100 e 50 euros, para homes e para mulleres. Asemade, haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medalla para todos os participantes na carreira de pitufos e prebenxamin. 

As inscricións poden facerse  (click aqui) 

Anímate a participar neste importante evento deportivo do Concello de Castroverde e goza dun precorrido cunhas marabillosas paisaxes (web Concello)