Estes días comezou o prazo de inscrición para a III Carreira Solidaria "Corro por tu sueño" que terá lugar o domingo, 25 de xuño, a partir das 10.00 horas da mañá.
Como anos anteriores, organizamos unha andaina na que non hai límite de idade e diferentes carreiras adaptadas ás correspondentes categorías. A idade mínima para poder participar nas carreiras é dos nados no ano 2013. A carreira dos absolutos percorrerá unha distancia de 10 km por terreo sen costas na que se pode gozar da beleza de Vilagarcía.
O motivo da carreira é pedir o apoio dos deportistas e de toda a sociedade para poder realizar, en colaboración con outras institucións, a creación dun centro educativo e fogar social para os nenos e nenas que viven nas zonas de interior, Barrio Chingo de Gangula e Os Morros e que non poden acceder á educación en Luanda.
Por medio da FUNDACIÓN LADESOL, este ano continuarase o cercado e saneamento da leira adquirida para esta necesidade, co proxecto "VALLA SOLIDARIA".
Entre todos, podemos conseguir que haxa xente que poida lograr os seus soños, o soño de ser FELIZ.
ESPERÁMOSVOS!!!