martes, 11 de novembro de 2014

III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Estimado Alcalde/esa:

Con motivo do inicio da convocatoria do III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA, queremos comunicarvos que, si o voso concello ou algunha entidade pertencente ó mesmo, en calidade de organizador dunha Carreira Popular, está interesado en solicitar a adhesión ó III Circuito Provincial para 2015, debedes remitir o boletín que aparece adxunto, coa firma do responsable municipal ou da entidade, antes do día 22 de novembro. 
Posteriormente á recepción de solicitudes resolverase, remitindo un listado definitivo de inclusión, según puntuación, conforme ós criterios de selección previamente establecidos pola Exma. Deputación Provincial da Coruña, e que aparecen resumidos na propia ficha que debedes cubrir.

Unha vez cumprimentado o boletín, remitilo ó Gabinete de Deportes, mediante o rexistro xeral, e o con copia o e-mail gabinete.deportes@dicoruna.es 


Tlfno. 981.080327
GABINETE DE DEPORTES
VICEPRESIDENCIA