xoves, 27 de xullo de 2017

III CORRETROITA POPULAR CONCELLO DE SOBRADO

Dende o Concello de Sobrado queremos invitarvos e animarvos a participar un ano máis na “III Corretroita popular Concello de Sobrado” que se celebrará o vindeiro 12 de agosto no marco da XVIII Feira da Troita.

O percorrido da carreira mantense o da pasada edición co obxetivo de que todos os corredores podades coñecer e disfrutar un pouco máis do noso Concello e da contorna do Mosteiro de Santa María de Sobrado, ao redor do cal discorre a nosa carreira.

Nesta terceira edición da Corretroita poderemos disfrutas de novas categorías, as cales designamoslles o nome de Troitiña 1 e Troitiñas 2. Para inscribirse e máis información lembrade que podedes consultar a páxina de www.carreirasgalegas.com na cal tedes o perfil do percorrido e o regulamento. 

Sen máis animarvos a todos a participar.

Un saúdo.