Estimados atletas e familias:
Pola presente queremos convidarvos ó "III Meeting Popular en pista Celta Atletismo", a nosa xa tradicional carreira popular que terá lugar no tartán das Pistas de Atletismo de Balaidos o vindeiro sábado 8 de abril, e darvos así a oportunidade de repetir a experiencia da edición anterior.
Unha actividade que volverá contar co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, Socios Colaboradores, a participación da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces e onde, o Grupo Celta Atletismo, porá todos os seus esforzos en organizar unha bonita actividade.
Ti, o tartán e o crono... ¿Atréveste?.
Recibide un cordial saúdo, vémonos nas pistas.