Brais Canosa
e Melina Alonso proclamáronse campións da terceira
edición da Carreira San Silvestre Pontesa, que se
celebrou o pasado martes, 31 de decembro.
Este evento foi organizado como nas
tres edicións anteriores polo club local Olympo de As Pontes
e o Concello e transcurriu
polas diferentes rúas do municipio.
Malia o mal tempo, reuníronse arredor de medio millar de participantes na
carreira de cinco quilómetros, na camiñada e nas probas para categorías
inferiores. Ademais do premio aos tres primeiros
clasificados de cada categoría tamén houbo ao mellor
disfrace e para o edil de Deportes, Carlos Castro e a exatleta e presidenta
do Club Olympo Susana Castro.